Evento: Entroido de Verín

Entroido de Verín
xoves, 1 febreiro, 2024 a martes, 13 febreiro, 2024
Varios espazos,
Verín

Entroido de Verín

Os Cigarróns son os protagonistas do Entroido de Verín

Nesta localidade do oriente ourensán, os “cigarróns” son os protagonistas do Entroido. Fan a súa aparición na vila o Domingo Corredoiro, o anterior ao Domingo de Entroido, tras as misas da mañá, saudando aos fregueses e enchendo o ambiente de maxia e excitación coas súas danzas e o son enxordecedor das súas chocas.
Moitos son os rituais que se suceden nestas lúdicas festas desde semanas antes dos días grandes, como son os protagonizados polos mozos e mozas, enredados en guerras de sexos, nos Xoves de Comadres e de Compadres.

O Luns de Entroido ten lugar en Verín a batalla de fariña, un síntoma de ruptura das barreiras da vida cotiá, e antigamente un xeito que tiñan os mozos de achegarse ás mozas e chamar a súa atención; e o Martes, o gran desfile de carrozas, comparsas, máscaras e “cigarróns” polo centro da vila.
“Cigarróns”, charangas e verbenas animan as rúas e prazas de Verín, que descansa dos excesos do Entroido o Mércores de Cinza, festivo local.

Para non perderse
Saúdas dos batallóns de “cigarróns” ás saídas das misas, o Domingo Corredoiro.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Lamprea
26 de abril a 28 de abril
Varios espazos
Festa da Troita
30 de abril a 1 de maio
varios espazos