Evento: Exposición 'Galicia, un relato no mundo'
Exposición 'Galicia, un relato no mundo'
venres, 15 novembro, 2019 a domingo, 12 abril, 2020
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela Exposición 'Galicia, un relato no mundo'
A exposición explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo desde a prehistoria ata a actualidade
'Galicia, un relato no mundo' explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, centrarase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.
No marco da exposición chegarán por vez primeira a Galicia destacadas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións museísticas en distintos recantos do mundo.
Máis eventos de tipo Exposición