Evento: Proxección de 'Máis alá do espello' ('Más allá del espejo'. Joaquim Jordà, 2006)

Proxección de 'Máis alá do espello' ('Más allá del espejo'. Joaquim Jordà, 2006)
mércores, 23 outubro, 2019 - 19:00
Auditorio Afundación,
Santiago de Compostela

Proxección de 'Máis alá do espello' ('Más allá del espejo'. Joaquim Jordà, 2006)

Ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema' (FEGADACE)

A cita comeza coa proxección de 'O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido'. Trátase dunha animación producida por FEGADACE e elaborada por Miguel Gallardo. A continuación verase o filme documental 'Máis alá do espello' (o seu título orixinal é 'Más allá del espejo'), de Joaquim Jordà.

En 1997 o director Joaquim Jordà tivo un ictus que cambiou totalmente a súa vida e a súa obra deixándolle secuelas permanentes: agnosia visual (dificultade para identificar e recoñecer os obxectos a través da vista) e alexia (perda de capacidade para a lectura). Jordà entrou en contacto con Esther Chumillas, conquense de 18 anos con agnosia desde os 15 por causa dunha meninxite mal diagnosticada. Con ela, e con outras persoas con dano cerebral adquirido, constrúe un relato sobre como se percibe a "realidade" e sobre os retos de afrontar unha nova vida, recompoñer os anacos da anterior e sobrepoñernse fronte á adversidade.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Pillion
17 de xuño
Filmoteca de Galicia
En la corriente
17 de xuño
Filmoteca de Galicia
Guerra Civil, presidio ou exilio (Tríptico)
18 de xuño
Filmoteca de Galicia
Pillion
18 de xuño
Filmoteca de Galicia