Evento: A química coma nunca a viches

A química coma nunca a viches
sábado, 19 outubro, 2019 - 11:30
Facultade de Química,
Santiago de Compostela

A química coma nunca a viches

Obradoiro de experimentos e de realidade virtual para toda a familia

O sábado 19 de outubro terá lugar o obradoiro de portas abertas "A química coma nunca a viches" na Facultade de Química (Universidade de Santiago de Compostela), en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

Esta xornada de portas abertas celébrase con motivo do 150 aniversario da Táboa Periódica. Durante o obradoiro haberá experimentos e actividades de realidade virtual para toda a familia. O evento organízase en colaboración ca Sociedade Xuvenil Galega de Química e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). 

A Facultade de Química está situada no Campus Sur da USC (Av. das Ciencias, 15701 Santiago de Compostela).

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Cartel_versos e lúas_18 marzo
Versos e lúas
18 de marzo
Casa da Cultura do Concello de Sandiás
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Alumear
Aluméame: os candís e as candeas
21 de marzo
Museo Etnolóxico de Ribadavia