Evento: Curso: Os temas da arte

  • os temas da arte
Curso: Os temas da arte
mércores, 27 novembro, 2019 - 11:30
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Curso: Os temas da arte

AVANTAXADO FEMININO. MULLERES ARTISTAS DO SÉCULO XX

Avantaxado feminino pretende un percorrido polos camiños artísticos do s. XX da man de creadoras que deixaron unha pegada significativa no seu campo de traballo. O pretexto biográfico concederanos unha mirilla ao contexto histórico no que cada autora logrou desenvolver a súa traxectoria, e aos estímulos vangardistas claves do momento.

Carolina Munáiz (Pontevedra, 1976) Docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarte da Coruña, titulada en Ilustración e con formación Primer Ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra (Premio escultura, 2003), é profesora das asignaturas de Historia do século XX, Arte e Moda.

Os Mércores, dende o 9 de outubro ao 11 de decembro, de 11:30 a 12:30h
Inscrición previa. Matrícula: 15,00 € (Amigos Museo 10,00€)

Sesión 1. Ruth Matilda Anderson. Fotografía
Sesión 2. Coco Chanel. Moda
Sesión 3. Tamara de Lempicka. Pintura.
Sesión 4. Maruja Mallo. Pintura.
Sesión 5. Elsa Schiaparelli. Moda.
Sesión 6. Dora Maar. Fotografía.
Sesión 7. Hanna Höch. Arte plástico.
Sesión 8. Louise Bourgeois. Escultura.
Sesión 9. Lee Krasner. Pintura.
Sesión 10. Jil Sander. Moda.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos
Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo