Evento: Situacións que nos exceden

  • Situacións que nos exceden, charla por Carlos Ocampo Marín_Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
Situacións que nos exceden
xoves, 23 maio, 2019 - 19:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Situacións que nos exceden

Charla-coloquio polo terapeuta humanista Carlos Ocampo Marín

Charla coloquio SITUACIÓNS  QUE NOS EXCEDEN, polo terapeuta humanista Carlos Ocampo Marín

Moitos de nós  vivimos situacións que nos exceden pola súa intensidade e pola maneira como nos impactan. Vivímolas como experiencias ameazadoras ou abafadoras porque non temos os medios suficientes para facerlles fronte nin un apoio emocional adecuado.

Esta charla busca explicar a maneira como bloqueamos os nosos propios recursos interiores, e dar pistas sobre como podemos recuperalos para facer fronte a situacións difíciles, por que en ocasións  nos exceden?

Onde se albergan eses recursos ata agora inaccesibles para nós?  Como recoñecelos e establecer contacto con eles?  Como poñelos ao noso servizo e desenvolvelos?

Xoves 23 de maio, ás 19:00 horas. Salón de actos

Entrada libre ata completar aforamento

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello