Evento: Contos populares do Xapón
Contos populares do Xapón
Contos populares do Xapón
Yoshi Hioshi (Xapón) espectáculo en castelán
O Festival Atlántica de Narración Oral tráenos contos tradicionais de Xapón. Son de temas e aspectos moi diversos. As tramas van dende campesiños dos arrozais a nobres da corte imperial, de animais e monstros, de dragóns e bolboretas, poéticos e picarescos.
Yoshi interactúa co público transformando as súas palabras nun pincel que ilustra con claridade, humor e sensibilidade as historias e os costumes do país do afastado oriente.
Historias para participar, cantar, rir e emocionarse.
Duración: 45 min.
Idade: de 4 anos en adiante.
É necesario recoller invitación.