Evento: OUFF 2018

OUFF 2018
xoves, 29 novembro, 2018 a mércores, 5 decembro, 2018
Varios espazos,
Ourense

OUFF 2018

Festival de Cine Internacional de Ourense

OUFF é un dos acontecementos máis destacados en Galicia na súa especialidade, un festival que converte a cidade das Burgas nunha gran sala de cine na que o público pode gozar de producións cinematográficas non estreadas nos circuítos, de ciclos centrados en actores, directores e cinematografías de prestixio internacional que abrangue numerosas nacionalidades, ao tempo que se erixe como un punto de encontro anual para os profesionais do sector en Galicia.

Preto de 70 traballos, entre longametraxes, curtos e series de televisión, de 17 países distintos, proxectaranse durante esta 23ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF)  en 6 localizacións da cidade: o Teatro Principal, dúas salas do Auditorio Municipal, o Centro Cultural Marcos Valcárcel, o Cine Clube Padre Feijoo e, por primeira vez, o Liceo de Ourense. Un certame que tamén homenaxeará ao actor Luís Tosar, quen recibirá o premio Cidade de Ourense; á actriz Mabel Rivera, premio Fundación AISGE a toda a traxectoria; e ao director ourensán Xavier Bermúdez, a quen se outorgará o galardón Calpurnia de Honra.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos