Evento: Día das Librarías 2018

Día das Librarías 2018
venres, 16 novembro, 2018 - 19:30
Espazo Lector Nobel A Coruña,
A Coruña

Día das Librarías 2018

Festa nas librarías

O Día das Librarías é unha celebración anual na que os libreiros buscan recordar aos lectores a importancia das librarías como espazos para descubrir e mercar libros. Organizada por CEGAL, a Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, a xornada trae aperturas máis amplas de librarías ou actividades especiais nas mesmas. O calendario de actividades permite descubrir cales son as librarías máis próximas nas que se organizan eventos. 

En Galicia, varias librarías xa anunciaron actividades especiais.  A Librería Nobel A Coruña acollerá a presentación de Anda campeón hazte Feminista en 10 cómodos plazos, de María Donapetry Martínez, e a Bahía de Foz a de Senlleiras, de Antía Yáñez.  A libraría Trama organiza en Lugo visitas guiadas pola libraría para estudantes e a presentación de El asesino del fin de la historia, de Vicente Piñeiro, e a Luna Nueva, en Pontevedra, teatro de monicreques. En Santiago, Numax presentará o novo traballo de Ezetaerre e a Libraría Pedreira contará cunha sesión de teatro, Manancial de fantasía. 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola