Evento: Scooby-Doo e o misterio da costureira

Scooby-Doo e o misterio da costureira
mércores, 6 xuño, 2018 - 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Verín,
Verín

Scooby-Doo e o misterio da costureira

Obra escrita e realizada polo voluntariado da Biblioteca de Verín

Unha adaptación da popular serie de animación Scooby-Doo é a proposta teatral do voluntariado da Biblioteca do concello de Verín. Scooby-Doo e o misterio da costureira conta cun guión realizado pola voluntaria desta instalación Noelia Gallego Campos, estudante de 4º da ESO, que adaptou aos personaxes da mítica serie televisiva un guión que tiña escrito desde fai un ano.

Sinopse da obra: os cinco protagonistas da serie orixinal deciden investigar a desaparición de María Silva Lousada, unha veciña de Verín que é raptada por un misterioso monstro de cores.

Esta actividade está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca, no teléfono 988413624, ou enviando email a biblioteca@verin.gal, a partir do luns 4 de xuño.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal