Evento: VIIFF Festival de Cine Inclusivo de Vigo
VIIFF Festival de Cine Inclusivo de Vigo
O Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo celebra unha nova edición profundando na súa vocación de conxugar entretemento e sensibilización, cunha aposta de contidos audiovisuais e programación paralela coa que ampliar as miras do público e a cidadanía cara colectivos en situación de inferioridade.
Esta terceira edición ten un dos temas principais o autismo. Así, o mércores 2 e o venres 4 pola mañá, o festival contempla unha serie de sesións escolares para dar visibilidade ao autismo, coa proxección de Atypical e as charlas de TEAVI e Autismo Vigo.
Unha das novidades desta convocatoria é o Vig-In-Doc, un festival de documentais internacionais con temática inclusiva, que se proxectarán o mércores 2, xoves 3 e venres 4 a partir das 17:00 horas.
O venres 4, a partir das 21:00 horas, será a quenda da sección Novas Miras, coa presentación de Robert Casas e a proxección de Vivir y otras ficciones.
O sábado 5 serán as actividades arredor de Facer Cine Accesible, coa guionista e directora Julia Castro e o profesor da Universidade de Vigo Pablo Romero.
Pola tarde, a partires das 18 horas, desenvolverase o Festival de Curtas, coa proxección dunha serie de curtas subtituladas e audiodescritas, e a sección Fóra de concurso.
Máis eventos de tipo Festival