Evento: Tadeo Jones. Una aventura musical

Tadeo Jones. Una aventura musical
domingo, 3 decembro, 2017 - 18:30
Palacio da Ópera,
A Coruña

Tadeo Jones. Una aventura musical

Adaptación musical da película de animación

O protagonista da película española de animación máis popular da historia, Las aventuras de Tadeo Jones, deu o salto aos escenarios con Tadeo Jones. Una aventura musical.

Cun guión orixinal que desenvolve unha aventura diferente ás protagonizadas ata agora polo famoso personaxe, esta obra musical reinterpreta as cancións máis emblemáticas das dúas primeiras partes da saga cinematográfica: Todo es posible, de David Bisbal e Tini; Te voy a esperar, de Juan Magán e Belinda; What makes you beautiful, de One Direction; Dreaming late at night, de Laura Durant; e Nada es imposible, de Xuxo Jones.

Nesta aventura aventura musical, Tadeo Jones recibe unha misteriosa visita que lle fai entrega dunha enigmática mensaxe que afecta á súa queridísima Sara Lavrof. Nel, indícanlle que Sara desapareceu e que é preciso que acuda a Delos, unha illa grega, na súa busca. Como non pode ser doutra maneira, Tadeo ponse ao choio inmediatamente e inicia unha aventura na que percorre o fantástico mundo da mitoloxía grega en busca do tesouro de Euterpe (a musa da música), unha fonte de ouro que conta co don de dotar ao que beba das súas augas, da máis doce, sedutora, reconfortante, bela e vibrante voz de toda a humanidade. Esta procura levará a Tadeo e aos seus inseparables compañeiros de viaxe a diferentes escenarios, onde irán atopando as claves necesarias que lles levarán ata Sara. Con todo, terán que facer fronte ao ao malvado Sope-Lotta, quen tratará de facerse co elixir da fonte de ouro e conseguir agradar á súa amadísima e maléfica xefa Diva Vocce.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola