Evento: Festival As cores de outono
Festival As cores de outono
A IV edición do festival de música tradicional “As cores de outono” comezará cunha master class de canto e pandeireta gratuíta, dirixida por Xurxo Fernández, que se impartirá na Casa da Cultura dende ás 16:00-18:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse no telefono: 982 430 546, ou no seguinte correo electrónico; biblioteca@pobradobrollon.es
A partir das 19:30 haberá unha actuación circense a cargo do grupo Os sete magníficos mais un. E ás 21:00 horas arrancarán as actuacións musicais na Área Recreativa de Samugueiros, que serán presentadas pola actriz Isabel Risco, coas actuacións de Tanxugueiras, Radio Cos e SES.
Tanxugueiras é un grupo de tres cantareiras (Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza. Formado oficialmente en xaneiro do 2016, chegaron pisando forte, destacando polas súas marabillosas voces e a súa enerxía no escenario e converténdose rápidamente nun dos grupos revelación da música tradicional galega teloneando a Xabier Díaz.
Radio Cos, famosos pandeireteiros que fan evolucionar a música galega de raíz de forma natural. Xurxo Fernandes i Henrique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. A banda de Radio Cos conformana tres prestixiosos músicos máis: Pedro Lamas ( gaita e saxo soprono), Nikolay Velikov (violín) e Xan Panpín (acordeón).
SES destaca polo seu enorme carisma e forza persoal. Ten catro discos publicados, o primeiro no ano 2011, baixo o titulo Admirando a condición, e no ano 2013 editou Co xenio destrozado, con temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano. No ano 2015 publicou Tronzar os valos, o seu terceiro disco onde suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate. O seu último traballo Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha autora que sigue sendo puro inconformismo e paixón.
Máis eventos de tipo Festival