Evento: O Camiño de Shikoku

  • Exposición no Museo das Peregrinacións sobre O Camiño de Shikoku no Xapón
O Camiño de Shikoku
venres, 21 xullo, 2017 a domingo, 24 setembro, 2017
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

O Camiño de Shikoku

Exposición sobre un camiño de peregrinación ao longo dunha ruta espectacular polo Xapón

Na illa de Shikoku existe unha importante peregrinación ligada a un camiño vinculado á memoria dunha das figuras relixiosas máis importantes de Oriente: o monxe Kukai, máis coñecido como Kobo-Daishi, gran mestre budista que predicou e difundiu no século IX o budismo esotérico en Xapón, importado de China polo propio monxe.
Esta peregrinación é unha viaxe por unha ruta espectacular, ao longo de mil catrocentos kilómetros trazados nas catro prefecturas de Shikoku: Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa.
A primeira guía do Camiño Shikoku foi publicada a finais do século XVII por un asceta de Osaka chamado Shinnen. Un libro que proba que a peregrinación por estas ruta tomou forma daquela, tal como hoxe a coñecemos.
A mostra componse dunha colección de documentos, libros históricos e guías do camiño de Shikoku dos séculos XVII-XVIII, unha imaxe de Kukai en madeira, varias esculturas, pinturas sobre papel, unhas 40 fotografías, 2 videos, diversos textos didácticos. Destaca unha instalación realizada con terra dos 88 templos do Shikoku Henro que evocará o propio camiño de peregrinación, na que un grupo de monxes xaponeses do budismo shingon, realizará unha peregrinación simbólica, invitando aos visitantes á exposición a percorrer a devandita ruta sagrada.

A mostra está organizada polo "Consello para a Inscripción do Camiño de Shikoku Henro como ben Patrimonio da Humanidade" e polas Prefecturas de Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa; como co-organizadora, a ONG "Peregrinación e Hospitalidade no Camiño de Shikoku".

A mostra tamén conta, ademais do apoio da Embaixada de Xapón en España, coa colaboración de:

  • Asociación "Peregrinación dos 88 Templos do Camiño de Shikoku"
  • Organización para a Promoción do Turismo en Shikoku
  • Shikoku Henro Consello de Patrimonio Histórico de Xapón
  • Xacobeo - Turismo de Galicia

 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona