Evento: Estiu 1993
Estiu 1993
Estiu 1993
Festival Novos Cinemas
A proxección de Estiu 1993 dentro do Festival Novos Cinemas supón a súa estrea en Galicia.
A película está dirixida por Carla Simón, que se estrea no campo da longametraxe con esta película. Esta directora destaca por outros traballos como Born Positive ou Lipstick.
Estiu 1993 é unha película que fala sobre a morte e sobre como un neno xestiona un falecemento. Concretamente, é unha historia autobiográfica, na que a directora fala do verán de 1993, ano no que quedou orfa tras o falecemento da súa nai, enferma de sida.
A película foi aclamada pola crítica no Festival de Málaga e no Festival de Berlín, onde gañou o galardón a Mellor ópera prima na asección Generation Kplus.