Evento: Anima iTablet

Anima iTablet
martes, 18 xullo, 2017 a venres, 21 xullo, 2017
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Anima iTablet

Obradoiro de animación audiovisual

Dirixe: Alberto Vázquez e Carina Moreira, educadores e artistas, Asociación Espacio Rojo
Do 18 ao 21 de xullo de 2017
Horario: de 11:00 a 13:00 h
Idade: de 7 a 9 anos
Prazas: 15

A todos nos gusta usar unha tableta, especialmente á xente nova, pero podemos facelo dunha forma creativa? Neste taller explorarase e desenvolverase a creatividade a través da animación creando pequenas pezas/curtametraxes.

En Anima iTablet daráselle vida a obxectos e personaxes, desenvolvendo habilidades con axuda da tecnoloxía. Traballando de forma colaborativa, porán voces, música e editarán unha historia para crear a súa pequena grande animación.

Máis información: http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/145/talleres_lecer_2017

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ex libris: estampa os teus libros
15 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiro de bordado fotográfico en papel
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Xogando coas letras - mércores 17
17 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense