Evento: MOTI -Mostra de Teatro Infantil
MOTI -Mostra de Teatro Infantil
A MOTI -Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 13ª edición do 26 ao 30 de decembro coa participación de 16 compañías, procedentes a metade delas de Galicia e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal.
Elas serán as encargadas de ofrecer 18 representacións de diferente formato, desde teatro para bebés a circo contemporáneo, e un concerto. Tamén haberá obradoiros relacionados con compañías ou obras presentadas e xogos artesáns.
Entre os espectáculos que se poderán ver estarán Moby Dick, de Teatro Gorakada, e Sinergia, de Nueveuno. Haberá funcións no Auditorio, Teatro Principal, Campus e rúas da cidade, todo elo da man da compañía Sarabela Teatro.
Máis información no blog da MOTI: http://motiourense.blogspot.com.es/
Máis eventos de tipo Festival