Evento: Festival Mar de Mares
Festival Mar de Mares
O Festival Mar de Mares é un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, que en setembro de 2014 celebrou a súa primeira edición na cidade da Coruña. É un encontro arredor do mundo mariño que quere celebrar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindíbel. Ademais, procura concienciar a institucións, empresas e cidadanía da necesidade da preservación do ecosistema mariño para garantir a súa sostibilidade.
O Festival Mar de Mares é un evento internacional e multidisciplinar que resalta a relevancia dos océanos na nosa vida cotiá e no que diversos creadores e expertos tanto locais como foráneos nos amosarán os últimos avances e creacións en campos tan apaixonantes como a pesca sostíbel, o fotoxornalismo, a gastronomía, a reciclaxe mariña, etc.
Consultade a completa e variada a programación neste enlace: http://festivalmardemares.org/programacion/
Organizan: Caravan Cultura e Crearte Servizos Culturais.
Páxina web: http://www.festivalmardemares.org
Máis eventos de tipo Festival