Evento: Toxos e Froles

Toxos e Froles
sábado, 3 setembro, 2016 - 20:00
Casino Mugardés,
Mugardos

Toxos e Froles

Actuación deste coro centenario que recupera e mantén vivas moitas pezas tradicionais galegas

O Real Coro Toxos e Froles tivo as súas orixes no seo da Orquestra Ferrolá de Pulso e Púa Airiños D'a Miña Terra, no contexto dunha xira por Cataluña en 1907. En 1914 a agrupación comeza a darlle forma ao nacemento dun coro galego na cidade de Ferrol e en 1915 leva a cabo a súa primeira actuación no Teatro Jofre de Ferrol, baixo a dirección de Lorenzo Barja.

A primeira gravación en disco fíxose en 1922. Corenta anos máis tarde, en decembro de 1962, recolleron en catro discos sinxelos obras populares e orfeónicas, e na década dos 70 gravaron tres traballos discográficos, aos que lle seguiron desde o ano 2000 novas gravacións coas colaboracións do grupo de cantareiras Gradaílle e da Banda de Gaitas Terra de Trasancos.

Desde 1928 ten o título de Real, outorgado por Alfonso XIII. Foi recoñecido con outras distincións como a Batuta de Ouro do Orfeón Catalán e Barretina de Ouro dos Coros Clavé de Barcelona, en 1934, a Cruz do Mérito Naval, en 1941, a Medalla de Prata da Cidade de Ferrol, en 1976, a Medalla de Ouro de Galicia, en 2005, ou a Medalla de Ouro Marcial del Adalid da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, en 2006.

O Coro creou o Premio Manuel Lorenzo Barxa, para recoñecer entidades ou músicos destacados, e o Premio Literario Letras de Bretaña, ademais das Medallas do Reino de Merlín.

Concerto dentro da programación de lecer e cultura Galicia Culturea. Trátase dunha programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a dinamización cultural do verán en distintos concellos de Galicia.

Malpica. 4 de setembro. O concerto é na Praza Anselmo Villar Amigo e, no caso de choiva, na Casa do Pescador de Maplica.

Máis eventos de tipo Concerto

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Con iAlma
13 de xullo
Praza do Concello
Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños