Evento: Paula Ríos

Paula Ríos
martes, 18 outubro, 2016 - 20:00
Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario,
A Coruña

Paula Ríos

Concerto de clausura dedicada ao talento da compositora e pianista Rosa García Ascot

“El lirio, la sonrisa velada y la mano delgada. Cúpula amarilla y viento de plata” (En el cumpleaños de R. G. A. “Corona poética o pulsera de flor”, Federico García Lorca, 1898-1936)

Rosa García Ascot foi pianista e compositora e a única muller integrante do Grupo dos Oito, o equivalente musical da Xeración do 27. Muller de talento desbordante, foi alumna de mestres como
Falla, Granados, Turina e Boulanger, pero a súa figura quedou eclipsada tanto pola súa vinculación ao que foi o seu home, o compositor, investigador e activista cultural galego, Jesús Bal y Gay, como
polos acontecementos históricos que lle tocou vivir no momento de despunte da súa carreira, a Guerra Civil e o posterior exilio en México, que a levaron ao escurecemento e a privaron de ser un referente fundamental da interpretación pianística de vangarda.

Ela, canda o seu home, viviu tanto en España como no exilio unha intensa vida intelectual, e cultivou amizades como Lorca ou Stravinsky. Defendeu sempre o compromiso social canda unha declarada vocación de modernidade.recuperar a vixencia e a importancia do traballo de Rosa García Ascot, acaba de gravar, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, toda a obra para piano da compositora dispoñible na actualidade, onda a obra completa de Bal y Gay para piano e piano e canto.

As pezas do disco recollen partituras manuscritas sen publicar que se atopaban no Centro de Documentación da Residencia de Estudiantes de Madrid, e case todas son primeiras gravacións. O título do disco Viento de Plata é un verso dun poema que Lorca escribiu para a súa grande amiga Rosa polo seu aniversario.

A sesión de clausura do festival Espazos Sonoros estará, logo, dedicada á figura desta singular muller e nela interpretaranse algunhas das obras recuperadas neste excelente traballo discográfico, ao tempo que se contextualizará a compositora no seu tempo, nas vangardas e na Xeración do 27, rememorando o seu paso pola Residencia de Estudiantes e o posterior exilio, un exilio que levou por diante e disgregou a toda unha xeración da chamada Idade de Prata. Unha sesión de clausura dedicada ao recoñecemento do talento da compositora, pianista e muller, e dunha figura esquecida e silenciada, como a de tantas outras mulleres que deixaron a súa pegada invisible ao longo da historia.

Máis eventos de tipo Concerto

As Historias de Bemol Pequeno
27 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Irmaus da Raia Seca
27 de xuño
Pista Polideportiva de San Xiao
MU2
27 de xuño
Pistas do Rabazal
Eiii Carballeira!!
1 de xullo
Paseo do Carboeiro