Evento: Luiz Caracol

Luiz Caracol
martes, 19 xullo, 2016 - 23:00
Praza do Toural,
Santiago de Compostela

Luiz Caracol

Música con raíz lusa e africana

O cantautor portugués Luiz Caracol actúa na programación de Artellando para as Festas do Apóstolo 2016. O artista é un dos valores emerxentes da música do país veciño como demostra tamén a súa colaboración con Sara Tavares, Jorge Palma, Pierre Aderne, Aline Frazãou, Susana Travasso, Uxía ou Tito Paris. Ademais, foi un dos protagonistas da última edición de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que se celebra en Pontevedra. 

O músico e autor mestura os ritmos do seu país coa dos países africanos. Isto está propiciado porque Caracol naceu en Elvas cando os seus pais acababan de chegar de Angola, onde vivían antes da independencia dese país. Por iso, esa multiculturalidad que agora traslada nas súas cancións. Luiz Caracol publicou o seu primeiro disco Devagar no 2013. Un traballo no que contou coa participación especial de Fernanda Abreu, Jorge Drexler ou Sara Tavares. 

Máis eventos de tipo Concerto

Combo Paradiso
3 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Steph Strings
4 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Steph Strings
4 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35