Evento: O Miño: a raia da amizade

O Miño: a raia da amizade
sábado, 27 agosto, 2016 - 10:30
Gotian,
Tomiño

O Miño: a raia da amizade

Andaina desde o Espazo Fortaleza ata a praia de Eiras coa música de Victor Coyote

A andaina de Monumenta percorrerá a senda do Miño desde o Espazo Fortaleza ata a praia de Eiras. No Espazo Fortaleza contextualizarase a localización e as relacións transfronteirizas. Despois, visitarase a fortaleza de San Lourenzo onde analizaremos os fortes do Miño na guerra con Portugal. Chegaremos ata o Peirao Vello para coñecer a pegada e a transcendencia do contrabando. E, en Eiras, coñecerase máis da pesca tradicional do Miño a partir dos traballos do etnógrafo Eliseo Alonso.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Natalia Jorge Pereira, historiadora e especialista nas fortalezas do Miño. O compositor tudense Victor Coyote tocará para nós en acústico durante a andaina, para traer música e historias da fronteira.

 

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Visita ao campamento de Aquae Querquennae
19 de setembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Roteiro A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela
11 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal