Evento: Facemos irmandade?

Facemos irmandade?
venres, 8 xullo, 2016 - 17:00
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Facemos irmandade?

Obradoiros en familia para coñecer mellor a importante tarefa das Irmandades da fala

Tras as dúas xornadas exclusivamente intantís para achegar os nenos e as nenas ao importante labor deste colectivo -do que, neste ano, se festexa o centenario da súa fundación- tócalle a quenda a adultos e cativos co obradoiro conxunto: Pegadas das Irmandades en Compostela. En familia.

Os obradoiros, que serán dirixidos por Educultoras, contan cun aforo limitado polo que é necesario inscribirse en deac@museodopobo.gal ou no Tl. 981 583620.  Son de balde para socios e socias e familias con persoas no desemprego. Teñen o custe de 2€ para quen non estiver en ningunha destas situacións.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
A miña maleta de vacacións
5 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros de verán
29 de xuño a 3 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiros de verán
6 de xullo a 10 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel