Evento: Festival Intercéltico do Morrazo

  • Festival do Morrazo
Festival Intercéltico do Morrazo
venres, 25 xullo, 2014 a sábado, 26 xullo, 2014
Avenida de Concepción Arenal,
Moaña

Festival Intercéltico do Morrazo

Nova edición dun dos festivais de música folk máis importantes de Galicia

Os amantes da música folk teñen unha nova cita co Festival Intercéltico do Morrazo, un dos encontros pioneiros na promoción e difusión deste tipo de música en Galicia, que celebrará a súa trixésima edición os días 25 e o 26 de xullo en Moaña.

Para encabezar o cartel deste ano, a organización do Intercéltico apostou por tres destacados embaixadores da música galega de raíz tradicional: Budiño, Luar na Lubre e Susana Seivane. Ademais, os novos talentos tamén terán cabida neste escenario, como é o caso do grupo coruñés SeisPorOito, que actuará en Moaña tras gañar o concurso para grupos noveis organizado polo festival. Así mesmo e como oferta paralela ás citas musicais, incorpórase unha feira de artesanía tradicional con vinte postos de venda que reunirán comerciantes chegados de diferentes puntos de España.

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos