Evento: Migallas Teatro

Migallas Teatro
domingo, 22 novembro, 2015 - 18:00
Centro Sociocultural das Fontiñas,
Santiago de Compostela

Migallas Teatro

Espectáculo de contacontos e música

O espectáculo de 'Contos nas orellas' de Migallas Teatro ofrece contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación...

'Contos nas orellas' é unha actividade para todos os públicos onde nenos e maiores poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica.

Esta actividade está programada dentro de '12 doces do outono'.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela
transparentar
Galicia Escena PRO: Transparentar
25 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea