Evento: Non é maxia, é ciencia

  • cartel do evento
Non é maxia, é ciencia
sábado, 21 novembro, 2015 - 11:30
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Non é maxia, é ciencia

Obradoiros para explicar a responsabilidade da ciencia en beneficio das sociedades

Na celebración do Día da Ciencia este obradoiro trata de facer chegar á sociedade a mensaxe de que a ciencia e a tecnoloxía poden contribuír a reducir a pobreza, protexer o medio ambiente e mellorar a calidade de vida de todos . Conforme á UNESCO os principais obxectivos do Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento son os seguintes:

• Renovar o compromiso, tanto nacional coma internacional, en pro da ciencia para a paz e o desenvolvemento, e facer énfase na utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, en particular, para a erradicación da pobreza e en pro da seguridade humana.
• Lograr unha maior conciencia no público da importancia da ciencia e colmar a brecha existente entre a ciencia e a sociedade.

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
Escola de maxia co mago Toño
13 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Os tesouros do galeón afundido
13 de agosto
Museo Massó
Atando cabos. Nós mariñeiros
14 de agosto
Museo Massó