Evento: Concerto de Siniestro Total

  • Siniestro Total
Concerto de Siniestro Total
sábado, 10 outubro, 2015 - 23:15
Praza de Santa María,
Lugo

Concerto de Siniestro Total

Actuación da histórica banda viguesa

Siniestro Total formouse en 1981 en Vigo tras un accidente de tráfico con formulacións iconoclastas e neo-dadaístas nos textos, punk rock galego contra o aburrimento xeral. En xaneiro de 1982 a banda formada entón por Julián Hernández, Miguel Costas, Germán Coppini e Alberto Torrado enviou unha maqueta ao programa "Esto no es Hawai" de Jesús Ordovás en Radio 3 con resultados case inmediatos: cinco meses despois publícase o EP "Axudando aos Enfermos".
19 álbumes desde 1982, publicados en España, Portugal, México, Arxentina, Chile... ademais, Siniestro Total colaborou con Álex de la Iglesia nas bandas sonoras das películas "El Día de la Bestia" e "800 Balas", Julián Hernández publicou libros como "Hai vida intelixente no rock and roll?"... é a historia dunha banda de traballadores da música que continúa pisando o escenario dende o 27 de decembro de 1981.

A formación actual está composta por Julián Hernández, Javier Soto, Ángel González, Jorge Beltrán e Oscar G. Avendaño, logo de varias alteracións ao longo de máis de 30 anos enriba dos escenarios.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Repunantas
14 de maio
Café-Teatro
Concerto Orfeón Xoan Montes
14 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Repunantas
15 de maio
Casa da Cultura