Evento: Moncho Panza. Borrajeando El Quijote

  • Cartel da obra
Moncho Panza. Borrajeando El Quijote
domingo, 13 setembro, 2015 - 20:00
Teatro Principal,
Ourense

Moncho Panza. Borrajeando El Quijote

Espectáculo teatral a cargo do humorista Moncho Borrajo

Moncho Borrajo asume esta peza como peche da triloxía que empezou hai catro anos, despois da súa volta aos escenarios. A primeira montaxe foi: Golfus Hispánicus e a reflexión do monólogo de Marco Antonio e Julio César e a súa relación co autónomo; no segundo encontrou a inspiración no manifesto que escribiu Quevedo a Felipe IV amosándolle o seu descontento xeral e así naceu: Yo, Quevedo. Por último, no ano 2015, que se celebra o IV centenario da edición da segunda parte do Quijote, que mellor homenaxe que crear a terceira parte do Quijote con Moncho Panza e así pechar o círculo de pleitesía a grandes historias clásicas que marcaron o noso tempo.

A historia comeza dentro da propia historia que creou Miguel de Cervantes e o seu Don Quijote e termina co descubrimento de que Cervantes non era quen dixo ser...

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia