Evento: Festa Folc de Vilariño

  • Cartel da Festa
Festa Folc de Vilariño
sábado, 15 agosto, 2015 - 22:00
Vilariño (O Hío),
Cangas

Festa Folc de Vilariño

16ª Edición do festival folc en Cangas

O festival organizado pola Asociación Cultural O Gato preséntase como unha das grandes citas da comarca para este verán. O 15 de agosto a praia de Vilariño acollerá un evento que conta cun cartel que non pasará desapercibido Kepa Junquera, Pelepau, Cuchufellos e Chotokoeu serán os encargados de facer bailar e desfrutar a todo o público que asista ao areal de Vilariño.

A organización do evento sempre destaca pola súa unión á natureza e o respecto ambiental, algo que demostran no cartel realizado para esta edición por Davila, no que aparece un corvo mariño para representar a protección das especies autóctonas e da cultura mariñeira. Ademais, este ano a festa contará con Ecovasos reutilizables para reducir o número de vasos de plástico.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos