Evento: Concerto de Rosendo

  • Rosendo Mercado
Concerto de Rosendo
domingo, 2 agosto, 2015 - 00:30
Parque da Palma,
Baiona

Concerto de Rosendo

Actuación de Rosendo Mercado da xira Mentira me parece 2015

Rosendo Mercado Ruiz naceu en Madrid o 23 de febreiro de 1954. Criouse en Carabanchel, onde segue residindo na actualidade. Tras abandonar os estudos na escola de enxeñería ICAI, en 1972 incorporouse como guitarrista a Fresa, un conxunto que tocaba versións de cancións de moda e en ocasións acompaña a solistas. Tras diversos cambios, que incluíron a incorporación como cantante de José Carlos Molina, a banda pasou a denominarse Ñu. En 1974 Rosendo descubriu a música de Rory Gallagher, que se converteu nunha das súas influencias máis grandes, xunto a outros grupos como Jethro Tull, Canned Heat, Cream, Deep Purple e Black Sabbat.

Logo de Ñu, no 1977 forma Leño banda que lidera ata que comeza a súa etapa en solitario no 1985.

Ata a actualidade este clásico do rock nacional segue coa súa etapa en solitario e sendo recoñecido o seu traballo con premios coma a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes no 2006.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal
Xira 25 aniversario
27 de xuño
Auditorio Constante Liste
Back To Glory Days
27 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Conto-concerto
28 de xuño
Praza García Barbón