Evento: Arquitectura A!

  • Proxecto arquitectónico de a-cero
Arquitectura A!
martes, 21 xullo, 2015 a venres, 24 xullo, 2015
CGAC,
Santiago de Compostela

Arquitectura A!

Obradoiro sobre a nova arquitectura desenvolvido por Ramón Viéitez

A sustentabilidade, a conciencia social e a reciclaxe están transformando aos poucos a sociedade e a paisaxe que habitamos. A arquitectura tende a ser cada vez máis eficiente e a aproveitar todos os recursos naturais renovables que están á nosa disposición.

Neste taller, os rapaces e rapazas aprenden a traballar os volumes exteriores dos edificios para sacarlle o máximo partido ao deseño, constrúen museos sustentables de diferentes temáticas e crean contido con obxectos e materiais reciclados. Isto todo empregando caixas de embalaxes e de uso doméstico como elementos de construción e aproveitando a enerxía solar, a chuvia e o vento para xerar arquitecturas que non precisen de combustibles fósiles.

Unha vez terminados os edificios, planificarase unha cidade dos museos onde pór en común as creacións de todos os participantes no obradoiro.

  • Dirixido a nenos de 10 a 12 anos
  • O Obradoiro desenvolveráse do 21 ao 24 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 h.
  • Ofértanse 20 prazas previa inscripción desde o 24 de xuño nos enderezos electrónicos: cgac.educacion@xunta.es e cgac.pedagogia@xunta.es

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de Nadal
22 de decembro a 2 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Nadal creativo: A viaxe dos Reis Magos
22 de decembro a 30 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de xogos de mesa
26 de decembro
Mercado Cultural
Monicreque Real e felicitación virtual: Melchor, Gaspar ou Baltasar
29 de decembro a 30 de decembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola