Evento: De aló de onde eu veño
De aló de onde eu veño
De aló de onde eu veño
A cargo de Caxoto
“Eu non minto... todo o que eu vos conto é verdade”
Esta é unha frase que Caxoto repite moito nas súas funcións e o certo é que nunca ninguén puido demostrar o contrario.
Para que unha persoa narradora conte sempre dende a verdade ten que forzosamente contar de si mesmo. E neste espectáculo iso é precisamente o que fai Caxoto: Contarnos quen é, de onde ven, das xeografías, das orixes, dos referentes, dos camiños escollidos e dos camiños rexeitados, das herdanzas, das tradicións,... unha viaxe ás raíces coa mirada retranqueira de quen xa comeza a estar un pouco de volta de todo... sen faltar á verdade.
Público: Adultos
Duración: 60 minutos.
Hora: 20:00 h.
Salón de actos (ata completar capacidade)
