Evento: CON-VIVIO

  • Encontro cultural transfronteirizo no Museo Etnolóxico de Ribadavia
CON-VIVIO
sábado, 21 novembro, 2026 - 09:00
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

CON-VIVIO

Encontro transfronteirizo sobre cultura, ruralidade e identidades no que participa o Museo Etnolóxico de Ribadavia

Ribadavia acollerá o vindeiro 21 de novembro a segunda edición do CON-VIVIO, un encontro transfronteirizo sobre cultura, ruralidade e identidades no noroeste peninsular.

A cita reunirá a creadores, xestores culturais, colectivos e público xeral de Galicia, Portugal e o conxunto do Estado para debater sobre innovación social, redes de colaboración e sustentabilidade no medio rural.

O proxecto está organizado por Arraiane(s) Estudo, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia e o Museo Etnolóxico de Ribadavia -sede do evento-, pertencente á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. O evento aposta por por visibilizar a forte vitalidade cultural dos nosos territorios; o rural non é un espazo baleiro que compre encher, senón un territorio habitado onde xa se fai cultura de xeito activo. O evento toma o seu nome do concepto clásico convivium (o banquete, a mesa longa, o encontro compartido) e da sensibilidade achegada dende o país veciño. O seu obxectivo principal é artellar un espazo de encontro interterritorial aberto a calquera persoa interesada en participar, reflexionar e coñecer de primeira man os proxectos que sosteñen o medio rural fronte aos retos da despoboación e do envellecemento demográfico.

Un programa completo entre o debate, o patrimonio e a creación artística. A xornada estruturarase ao longo de todo o día combinando espazos de reflexión teórica, roteiros patrimoniais e propostas escénicas. Tras a apertura institucional no Museo Etnolóxico de Ribadavia, o programa arrincará co laboratorio «O Ribeiro como laboratorio: cultura, viño, memoria e comunidade».

A continuación, celebraranse as mesas temáticas: «A Raia: Máis alá dunha fronteira. Identidades comúns e cooperación» e o bloque adscrito ao Noroeste, titulado «Desde as marxes: Prácticas descentralizadas, redes e sustentabilidade».

Ao mediodía, as persoas asistentes poderán desfrutar do xantar na Igrexa da Madalena (con inscrición previa). Xa pola tarde, o público poderá participar no roteiro cultural participativo polo conxunto histórico de Ribadavia titulado «Imaxinar os eventos», guiado por Claudio Vázquez.

A programación cultural continuará coa conferencia escénica «A visión social da cultura» a cargo de Alberto de Boiro no establecemento Huella del Gato Negro, as pezas artísticas «Yegua» (de Marion Sage) e «Calla, aún se puede decir algo» (de Alexia Sayago) na Igrexa da Madalena, e o broche final da xornada co tradicional «Serán ou non serán» (con música en directo e ambiente festivo) de volta na Praza Maior.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Xornada sobre vitivinicultura galega
V Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
16 de novembro
Museo do Viño de Galicia
Entre pastores y lobos
Entre pastores e lobos
20 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Portada da publicación da Peza do Mes de novembro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Os campaniformes da Portela da Moada
1 de novembro a 30 de novembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro: El silencio del Alma
24 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense