Evento: Abrazar coas palabras
Abrazar coas palabras
mércores, 4 novembro, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Abrazar coas palabras
Contacontos para bebés con Charo Pita
Contos para a cativada da casa narrados con efectos sonoros, xogos corporais e onomatopeicos, cantigas, álbums ilustrados e libros de imaxes. Para escoitar á calor dunha aperta.
Esta actividade ten unha periodicidade mensual. Estas son as datas previstas:
Mércores 4 de novembro
Mércores 2 de decembro
Xoves 7 de xaneiro
Mércores 3 de febreiro
Mércores 3 de marzo
Mércores 7 de abril
Mércores 5 de maio
Na sala infantil. Actividade dirixida a 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Cada bebé debe estar acompañado dunha soa persoa adulta. As persoas interesadas deben recoller a invitación no mostrador de información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

