Evento: Arqueoloxía en Monodose
Arqueoloxía en Monodose
O MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio, con charlas divulgativas os luns do mes de outubro. Tamén se poderán seguir en streaming, nas ligazóns que o museo irá subindo nas redes sociais.
Son as seguintes:
- 5 de outubro: "O xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense)” por Mario César Vila
As obras da alta velocidade na antiga liña ferroviaria permitiron coñecer unha necrópole romana, dous niveis de calzada de época antiga, restos de edificacións, pozos, un forno cerámico e obras de infraestrutura asociadas á calzada e unha zona artesanal.
Poderase seguir no enlace: https://youtube.com/live/XhA2jbyTO3U?feature=share
- 19 de outubro: "Ti de quen vés sendo?: A industria lítica como indicador de mobilidade na Prehistoria recente no Alto Támega transfronteirizo” por Lucía Rodríguez Álvarez
- 26 de outubro: "Termas de Lugo” por Santiago Vázquez Collazo e Francisco Alonso Toucido
As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense. A entrada é gratuíta.
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense



