Evento: Angustia

Angustia
martes, 6 outubro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Angustia

José Antonio Nieves Conde, 1947

Elena e Marcos viven nunha casa de hóspedes, con apuros económicos. O segundo, dedicado a un experimento científico sen que semelle importarlle moito máis e traballando ata a extenuación, debe ir pedir cartos a Jarque, tía de Elena que os leva axudando un tempo cunha actitude paternalista e de menosprezo cara a Marcos. Tras un enfrontamento con ela, soña esa noite que a mata, e ao día seguinte aparece asasinada.

Curioso whodunit patrio que segue a estela do primeiro Hitchcock británico, cun interese evidente pola psicanálise como ferramenta narrativa para o suspenso. Destacan nela os decorados do arquitecto Antonio Labrada, que constrúe en estudio unha gaiola de luces e sombras para os protagonistas, con angustiosa fotografía de José F. Aguayo. Segunda película de Nieves Conde, autor da fundamental Surcos (1951); vese hoxe como un notable exercicio de xénero no que xa se atopan os trazos de estilo de Los peces rojos (1955), unha das fitas de xénero negro máis importantes da historia do cine español.

Máis eventos do ciclo Fóra de serie

La noche está marchándose ya
8 de outubro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
La noche está marchándose ya
20 de outubro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña