Evento: Trío Preseli · Espellos atlánticos
Trío Preseli · Espellos atlánticos
Trío Preseli presenta Espellos atlánticos, un programa que combina voz, trompa e piano nunha viaxe entre o íntimo e o paisaxístico, a palabra e o silencio, o que permanece e o que desaparece. O repertorio establece pontes entre diferentes tempos, lugares e sensibilidades, desde a obra do compositor e trompista galés Anthony Randall ata novas creacións de Montserrat Lladó e Claire Victoria Roberts.
Programa:
-
Anthony Randall, Autumn, Requiem, Lullaby · Estrea en España
-
Montserrat Lladó, obra de encargo de Trío Preseli (2026) · Estrea absoluta
-
Josep Guix, Complany
-
Gina Gillie, To Summer (2009)
-
Gabriel Ordás, El Bosque (2005)
-
Claire Victoria Roberts, obra de encargo de Trío Preseli
María Hinojosa Montenegro, soprano · Simon Lewis, trompa · Daniel Pereira, piano



