Evento: Ensemble Música Práctica · EMM Santiago · In C
Ensemble Música Práctica · EMM Santiago · In C
Ensemble Música Práctica · EMM Santiago · In C
O Ensemble Música Práctica, xunto co estudantado da Escola Municipal de
Música de Santiago de Compostela, presenta In C (1964), de Terry Riley, unha
das obras fundamentais da música minimalista. A partir de 53 ...
O Ensemble Música Práctica, xunto co estudantado da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, presenta In C (1964), de Terry Riley, unha das obras fundamentais da música minimalista. A partir de 53 células musicais que cada intérprete repite e desenvolve libremente, a obra constrúe unha experiencia sonora colectiva baseada na cooperación, a escoita e a creación compartida. Cada interpretación convértese así nunha experiencia única e irrepetible.
Fernando Buide, piano · Joan Ibáñez, frauta · Manuel Lorenzo, violonchelo · Alejandro Sanz, percusión.



