Evento: Adhara Dúo · Fíos sonoros
Adhara Dúo · Fíos sonoros
martes, 16 febreiro, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela Adhara Dúo · Fíos sonoros
Adhara Dúo presenta Fíos sonoros, un percorrido por setenta e cinco anos de
creación para violín e piano a través das obras de catro compositoras:
Grazyna Bacewicz, Lera Auerbach, Reena Esmail e Kelly-Marie Mur...
Adhara Dúo presenta Fíos sonoros, un percorrido por setenta e cinco anos de creación para violín e piano a través das obras de catro compositoras: Grazyna Bacewicz, Lera Auerbach, Reena Esmail e Kelly-Marie Murphy. Un programa que explora novas formas de diálogo entre ambos os instrumentos, desde a precisión estrutural e a miniatura ata a exploración tímbrica e a intensidade do xesto.
Programa:
-
Grazyna Bacewicz, Sonata núm. 4 (1949)
-
Lera Auerbach, 24 Preludes, op. 46. Selección (1999)
-
Reena Esmail, Jhula Jhule (2013) · Estrea en España
-
Kelly-Marie Murphy, Fire-and-Ice-Bodied-Doubled-Up-Withdrawal-Anxiety (2023) · Estrea en España
Mariana Moita, violín · Lara Martínez Taboada, piano



