Evento: VI Cata Sonora
VI Cata Sonora
As Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, que acadan este ano a súa sexta edición, permiten gozar de catas musicais para todos os gustos, dende o jazz ata autores clásicos, dende a bossanova ata o blues ou dende o fado ao swing, sempre en directo.
Música ao solpor, na terraza do Museo, nun entorno de viñedo e arquitectura do viño, finalizando cunha copa de viño para rematar a sesión.
Inaugúrase o xoves, 2 de xullo, ás 21.00 horas con Raposa, a banda pontevedresa encargada de porlle música ao evento, que transita entre os distintos xéneros que se mesturan na súa discografía. Do jazz ás músicas do mundo, da música clásica ao pop, pasando pola canción protesta.
O xoves 9 de xullo contará coa actuación de Abril Fado Atlántico, nun concerto ao solpor na terraza do Museo, que rematará, como é habitual, cunha copa de viño para compartir a experiencia musical.
O xoves 6 de agosto a actuación será a cargo de "The blues Moonshiners"
Máis eventos de tipo Concerto



