Evento: A serie clopen

  • A serie clopen
A serie clopen
mércores, 16 setembro, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

A serie clopen

Unha produción do Centro Dramático Galego

Acrobacias imposibles, aéreos impresionantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora son os ingredientes de A serie clopen, un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en ton de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

Alicia é unha rapaza que está nese momento vital onde comeza a construír a súa identidade e investiga o mundo que a arrodea. O seu cuarto segue cheo de bonecas e xoguetes, pero as preguntas invaden a súa mente. Ela, no seu afán de darlles resposta, abre unha canle onde explica curiosidades acerca dunha das súas paixóns: as matemáticas.

Pero todo o que descobre xera máis preguntas...

Poderán as "mates" explicar o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade, ou o novo contexto bélico?

Poderá a nosa mocidade superar os retos que lles impón a súa xeración?

E, sobre todo, poderá o circo, a arte do momento presente, do físico, do risco, da cooperación, ofrecer alternativas nun mundo absolutamente dixitalizado?

A serie clopen é a primeira produción propia do Centro Dramático Galego co circo como eixo central e como punto de referencia para construír un mundo simbólico que convida á reflexión sobre o momento actual.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección de escena: Pablo Reboleiro

Dramaturxia: Pablo Reboleiro e Clara Gayo

Elenco: Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo

Iluminación e videoescena: Laura Iturralde

Escenografía: José Faro e Laura Iturralde

Caracterización e maquillaxe: Paula Quintas e Erea Pérez

Vestiario: Carlos Alonso

Movemento escénico e coreografía: Marta Alonso

Asistencia de dirección e espazo sonoro: Marcos Carballido

Asistencia de circo: José Expósito

Música orixinal: Xosé Lois Romero

Asistencia de produción: Santi Romay

Venda de entradas en ataquilla.com

Máis eventos de tipo Espectáculo

Viaxa cos libros
Viaxa cos libros
30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
transparentar
Transparentar
13 de novembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Biblioteatro
Biblioteatro
24 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola