Evento: Real Filharmonía de Galicia – Melodías ocultas

Real Filharmonía de Galicia – Melodías ocultas
xoves, 22 abril, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Melodías ocultas

Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto unha viaxe pola transformación da idea de melodía na música sinfónica, desde a escritura máis fragmentada e contemporánea ata algúns dos grandes fitos do Roman...

Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto unha viaxe pola transformación da idea de melodía na música sinfónica, desde a escritura máis fragmentada e contemporánea ata algúns dos grandes fitos do Romanticismo ruso.
O programa ábrese con Melodien de György Ligeti, unha obra na que a melodía se multiplica e se dilúe nun fluxo continuo de liñas que se cruzan, se interrompen e se reconstrúen nun espazo sonoro en permanente transformación. A orquestra convértese nun organismo vivo, onde cada voz mantén unha identidade propia dentro dun tecido en constante movemento.
Continúa a velada co Concerto para piano núm. 1 en Si bemol menor de Piotr Ilich Chaikovski, unha das obras máis emblemáticas do repertorio romántico. Rechazado inicialmente polo seu dedicatario, acabou por converterse nunha peza esencial pola súa forza melódica, a súa enerxía rítmica e a súa intensidade expresiva.
Pecha o programa o diálogo entre tradición e memoria nas Variacións sobre un tema de Chaikovski de Anton Arenski e no Divertimento de O bico da fada de Igor Stravinski, onde o compositor revisita o universo de Chaikovski desde unha mirada máis moderna, sintética e distanciada, pero aínda profundamente conectada coa súa herdanza musical.
Coa participación do estudantado da EAEM.
XOV 22 ABR (18 €) Auditorio de Galicia, 20.00 h CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Eva Gevorgyan (Sala Mozart, 19.15 h)
 

Máis eventos de tipo Concerto

ce_orquestra_pantasma
Cé Orquestra Pantasma
7 de agosto
Praia Fluvial
Eiii Carballeira!!
7 de agosto
Praza Castelao
Delta Blues Dúo
7 de agosto
Colexiata de Santa María
Faltriqueira  
7 de agosto
Praza de Rafael Dieste