Evento: Real Filharmonía de Galicia – Horizontes infinitos

Real Filharmonía de Galicia – Horizontes infinitos
xoves, 13 maio, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Horizontes infinitos

A Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto unha viaxe por paisaxes musicais que van desde o universo íntimo do Romanticismo ata a pintura orquestral contemporánea, a través de obras que dialogan coa me...

Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto unha viaxe por paisaxes musicais que van desde o universo íntimo do Romanticismo ata a pintura orquestral contemporánea, a través de obras que dialogan coa memoria, a natureza e a fantasía.
O programa ábrese coa Obertura en Do maior de Fanny Mendelssohn, unha das compositoras máis relevantes do seu tempo, cuxa obra continúa a ser redescuberta tras décadas de invisibilización. A súa escritura combina elegancia formal e unha sensibilidade profundamente expresiva, en diálogo co primeiro Romanticismo alemán.
Continúa a velada con Ma Mère l’Oye de Maurice Ravel, un mundo sonoro inspirado en contos infantís que o compositor transforma nunha delicada suite orquestral chea de cor, refinamento tímbrico e maxia narrativa.
A obra de Eduardo Soutullo, Das Eismeer, inspirada no célebre cadro de Caspar David Friedrich, introduce unha visión contemporánea da natureza como forza impoñente e ambigua. Estreada en 2026, destaca pola súa intensidade expresiva e pola riqueza da súa escritura orquestral.
Pecha o programa a Sinfonía núm. 5 en Re maior, Op. 107, «Reforma» de Felix Mendelssohn, unha obra marcada pola inspiración no coral de Lutero e pola súa vontade de síntese entre tradición e modernidade no pensamento sinfónico do autor.
Coa participación do estudantado da EAEM.
XOV 13 MAI (15 €) Auditorio de Galicia, 20.00 h CONVERSANDO CON… Chloé van Soeterstède (Sala Mozart, 19.15 h)
 
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Candlelight: Tributo a Hans Zimmer
15 de novembro
Campillo de San Francisco, 3
Funzo
15 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Alfonso Medela Trío + Rubén Fernández
15 de novembro
Auditorio Municipal Manuel María