Evento: Inspirar para crear

  • Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
martes, 7 xullo, 2026 a venres, 28 agosto, 2026
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Inspirar para crear

Obradoiros de verán

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza os obradoiros de verán, dirixidos a nenos e nenas de 6 a 12 anos e impartido pola artista Gosia Trebacz.

O obxectivo destes obradoiros é o desenvolvemento das infancias a través da súa experiencia e capacidade creadora. No obradoiro descubrirán distintas técnicas e incentivarán a súa curiosidade pola formación das distintas coleccións, aproveitando tamén as exposicións que alberga o Museo.

Este ano, partindo da exposición "Habana Mater 2003-2023" de Luis Gabú, viaxarán ao estranxeiro, coñecendo un pouco mellor a obra de artistas consagrados como Laxeiro, Luís Seoane e outros presentes na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.

Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 12 anos
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Datas: Martes a venres, do 7 de xullo ao 28 de agosto, nas seguintes quendas:

Semana 1, do 7 ao 10 de xullo

Semana 2, do 14 ao 17 de xullo

Semana 3, do 21 ao 24 de xullo

Semana 4, do 28 ao 31 de xullo

Semana 5, do 4 ao 7 de agosto

Semana 6, do 11 ao 14 de agosto

Semana  7, do 18 ao 21 de agosto

Semana 8, do 25 ao 28 de agosto

Para a inscrición e as condicións, ver nesta ligazón ao Museo

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

cartel a bica que rica
A bica que rica!
20 de xuño
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura
Aula didáctica de cultura clásica
22 de xuño a 26 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiros de verán
29 de xuño a 3 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiros de verán
6 de xullo a 10 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel