Evento: Xornadas Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo

  • Xornadas Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo
Xornadas Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo
sábado, 6 xuño, 2026 a mércores, 17 xuño, 2026
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Xornadas Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo

 

Auditorio do Museo do Pobo Galego

Durante este mes de xuño, desenvolveranse no Museo do Pobo Galego as xornadas Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo, organizadas polo Concello de Santiago en colaboración co Museo do Pobo Galego, co fin de abordar a cuestión do lugar no que deben ficar as estatuas de xeito permanente.

A actividade, enmarcada no programa municipal Compostela e Memoria, celebrarase no Auditorio do Museo do Pobo Galego o sábado 6, o xoves 11 e o mércores 17 de xuño, con entrada aberta e de balde até completar capacidade e retransmisión por streaming.

As xornadas comezarán o sábado 6 ás 10.00 horas cunha benvida institucional e incluirá dúas conferencias. A primeira leva por título O espolio nazi, a cargo do catedrático de Historia Política e Social Miguel Martorell, quen analizará o funcionamento da gran maquinaria depredadora dirixida por Adolf Hitler e Hermann Goering, e integrada por directores de museos, galeristas, funcionarios, militares e especuladores. A segunda conferencia, O espolio artístico no Franquismo, correrá a cargo do catedrático e profesor emérito de Arte e Comunicación Arturo Colorado, autor de estudos de referencia sobre o patrimonio como botín de guerra, ferramenta de propaganda mecanismo de lexitimación política. A súa achega permitirá abordar o espolio como política de Estado, a circulación e diáspora das obras, a construción de relatos lexitimadores e o papel da investigación histórica e do arquivo como proba institucional.

A continuación, o xoves 11 ás 16.30 terá lugar a xornada Galicia, espazo de recuperación patrimonial e o mércores 17 ás 16.30 horas, As estatuas do Mestre Mateo.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos
Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo
Toponimízate 2026
25 de agosto
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel