Evento: Abril
Abril
Abril
Un concerto de folk contemporáneo a cargo de Abril
Claudia Abril (voz e percusións) Marina Carpente (violín e voz) e Hugo Abril (Guitarra clásica) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura. Abril é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
6 de agosto, 11:00
Instalacións culturais e deportivas do Conco - Dumbría - A Coruña
6 de agosto, 18:30
Campo da Feira - Carral - A Coruña
6 de agosto, 19:30
Praza do Concello - Mondoñedo - Lugo
6 de agosto, 20:00
Alameda de Vilaza - Monterrei - Ourense