Evento: Mundo paxaro
Mundo paxaro
Mundo paxaro
Obradoiro educativo sobre o fascinante mundo das aves, a súa importancia na natureza e o coidado do medio ambiente
Este 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, celebramos a importancia do seu coidado co obradoiro "Mundo Paxaro", unha actividade pensada para achegar os máis pequenos ao fascinante universo das aves.
Da man de Xesta Brava, descubriremos curiosidades sobre diferentes especies, aprenderemos como viven e por que son fundamentais para os ecosistemas. E como actividade estrela... construiremos a nosa propia caixa niño para que os paxaros teñan un fogar na natureza!
Actividade aberta a todos os públicos
Horario: 9:45h - 11:15h
Lugar: CEIP de Sarreaus



