Evento: Los mutantes + Il rumore dell’universo

Los mutantes + Il rumore dell’universo
venres, 26 xuño, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Los mutantes + Il rumore dell’universo

Gabriel Azorín, 2016-2022

Los mutantes. Unha palabra negra racha un fondo branco. Unha luz proxecta a silueta duns mozos contra a parede sucia. O rostro dun mozo ilumínase en metade dunha sala de cine. Unha imaxe fantasmagórica devólvenos a un momento que xa nunca volverá. Los mutantes propón unha viaxe a través dun tempo impreciso – poderían ser varios anos ou quizais un só día – no que un grupo de mozos tratará de atopar unha nova familia. A que outra cousa se debería aspirar nun lugar onde se constrúe o pensamento?

Il rumore dell’universo. Un rapaz músico volve á casa tras unha xira de concertos por diferentes cidades europeas. Mentres retoma a súa vida cotiá, na súa cabeza ecoa a última mensaxe de audio que recibiu da súa moza.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra