Evento: Los ilusos 13+13
Los ilusos 13+13
Los ilusos 13+13 é un filme sobre o desexo de facer cine, ou sobre o que fan algúns cineastas cando non fan cine; sobre perder o tempo e o tempo perdido; sobre conversas, bebedeiras, comidas e rutinas; sobre os paseos ao saír do cine; sobre estar namorado; sobre estar só e estar con amigos, construíndo futuros recordos para unha película futura.
Nova versión da fita de Jonás Trueba de 2013, que viu nacer a súa produtora xunto a Javier Lafuente e a partir da cal establecerían unha filosofía de traballo que perdura ata hoxe. Unha troupe de actores e equipo técnico que se manteñen fieis ao espírito dos ilusos película tras película e que conciben a creación como un acto colaborativo.
Por condicións precarias na posprodución, a versión de 2013 quedou sen cor. Agora púidose volver a ela partindo do negativo orixinal e o que se presenta é un filme máis fiel ás intencións orixinais de Trueba.
Máis eventos do ciclo Fóra de serie
