Evento: Queer-me

Queer-me
mércores, 10 xuño, 2026 - 19:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Irene Bailo Carramiñana, 2025

O verán de 2015 cumprín trinta anos. Vivía con amigues nunha okupa transfeminista en Toulouse, o TDB (Trou De Balle). O TDB era un lugar de referencia para a comunidade queer de diversos lugares do mundo. Sete anos despois de deixar de vivir alí, volvo para filmar o que queda daquela casa abandonada e os meus recordos en Fraga e Zaragoza. As miñas imaxes de arquivo mostran como cheguei, como me reapropiei do meu cuarto, como me mergullei intensamente na aventura da miña nova vida dentro dun colectivo de persoas queer e a viaxe de Queer-me mostra a euforia deses meses, a miña transformación e a viaxe privada que me levou ata ese lugar que cambiou a miña vida e o meu retorno a Zaragoza. (Irene Bailo)

 

Presentación e coloquio coa directora.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Mulleres da reconversión
Mulleres da Reconversión
11 de setembro
Filmoteca de Galicia
Resurrection
Resurrection
11 de setembro
Filmoteca de Galicia
Ladrón de bicicletas
Ladrón de bicicletas
12 de setembro
Filmoteca de Galicia
Curtas Kleber Mendonça Filho
15 de setembro
Filmoteca de Galicia